Vistas de página en total

viernes, 27 de mayo de 2011

Queen


A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como baterista. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.
O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de1975. Estaba dentro do seu álbum A night at the opera. Previamente, Queen gravara tres discos: QueenQueen II e Sheer Heart Attack.
En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1977 News of the world que contén a simbólica canción "We are the champions" utilizada en multitude de eventos deportivos. O grupo non paraba e un ano máis tarde sae á luz Jazz. Deste volume destacan "Bycicle Race" e "Fat Bottomed Girls" cunha portada no sinxelo que presentaba unha muller espida en bicicleta e tivo que ser retirada e modificada amosando esa muller levando roupa interior.
1979 acolle o seu primeiro disco dun directo, Live Killers, e en 1980 publican The Game, que contiña o tema "Another One Bites The Dust", o sinxelo máis vendido do grupo. No mesmo ano tamén gravarían a banda sonora da película Flash Gordon.
Durante 1981 os seus esforzos céntranse nunha xira por diversos países do mundo e, ó terminar levaron a cabo os preparativos para gravar Hot Space, que saería publicado en 1982. En decembro dese ano Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada.
Dous anos máis tarde publican The Works. Dentro deste álbum atópase o éxito "Radio Ga Ga". O videoclip deste tema desenvólvese no ambiente da película Metropolis.
Queen participou en 1985 no festival Rock In Rio congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de Highlander, no disco titulado A Kind Of Magic e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo Live Magic.
Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos xogos olímpicos da cidade en 1992.
The Miracle foi o decimosexto álbum da banda que se publicou en maio de 1989. En 1990 Queen asina con Disney Hollywood Records o maior contrato da historia da música.
Greatests Hits II, o seu segundo recompilatorio, aparece en outubro de 1991 e no memo ano, o 23 de novembro, Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.
Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recopilatorios, feito que produciu o enfado de Deacon e diversas discusións entre os compoñentes.

No hay comentarios: